Actividades náuticas e de aventura

  • Rutas
  • Kaiak
  • Paddlesurf
  • Surf
  • Bodyboard
  • Snorkel
  • Sendeirismo
  • BTT
  • Tiro con arco
  • Orientación
  • Sackline…

Campamentos temáticos

Organización e implementación de Campamentos temáticos para todas as idades: Náuticos, de deportes de aventura, artísticos, culturais…

Excursións e actividades fin de curso nos centros educativos

Organización e implementación de excursións para centros educativos, no entorno de Galicia, desfrutando de actividades náuticas e de aventura. Tamén organiamos Festas temáticas (entroido, nadal, sanmaín…)


AUGAVENTURA OUTONO 2019 | Universidade de Vigo

28/09/19 e 05/10/19: Paddlesurf

19/09/19 e 26/09/19: Kaiak + Snorquel + Andaina


NOITES ABERTAS 2019 | Concello de Pontevedra

Actividades náuticas e de aventura archery combat Archery Combat | 16 de febreiro 2019

O Árchery Combat é un deporte inspirado no tiro con arco profesional. A diferencia fundamental respecto a actividade de tiro con arco tradicional é que a munición empregada é diferente. Utilízanse unhas flechas con punta de espuma homologada e licenciada. Ademáis todos os participantes contan coas proteccións precisas para a súa seguridade no transcurso da actividade.

As reglas de este deporte combinan elementos do balón prisioneiro, o paintball e o tiro con arco tradicional. Deste xeito conséguese unha mistura emocionante, unha das mellores e máis divertidas formas de descargar adrenalina .

A actividade desenvólvese en grupos, dando as explicacións necesarias para coñecer o uso do material e os conceptos de seguridade, apoiando ás persoas que precisen de máis axuda e atención. Ademáis a actividade terá un carácter integrador, non sexista, participativo e lúdico.


Canoa  Roteiro nocturno en Kaiak polo río Lérez | 29 de marzo 2019

Roteiro que se realizara polo río Lérez unha vez que o sol se poñe, para poder disfrutar da travesía e do propio río dunha forma diferente, especial, e única.

A actividade desenvólvese nun gran grupo, dando as explicacións necesarias para coñecer o uso do material e os conceptos de seguridade, apoiando ás persoas que precisen de máis axuda e atención. Ademáis a actividade terá un carácter integrador, non sexista, participativo e lúdico.