Xa están dispoñibles os enlaces das FOTOS das #DepoRutasBTT 2019 organizadas pola Deputación de Pontevedra, para que todos as persoas participantes poidades descargalas!


A Deputación de Pontevedra, para desenvolver o Plan estratéxico de deporte, elabora unha serie de programas para o fomento de hábitos saudables a través da práctica de actividade física deportiva en contacto coa natureza.

A provincia de Pontevedra esconde nos seus montes unha riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable. Por iso, a Deputación de Pontevedra anímate a participar no programa “DepoRutasBTT” 2019. Elixe a ruta que máis se adapte ás túas esixencias, sube á bici e prepárate para vivir experiencias únicas: “a vida é como montar en bicicleta, para manter o equilibrio hai que seguir pedaleando.

O programa “DepoRutasBTT” ofrece 5 rutas totalmente gratuítas e cun máximo de 300 participantes en cada unha.

Máis info en: https://www.depo.gal/deporuta

Resultado de imagen de deputacion de pontevedra


Marexada Deporte, Lecer e Cultura S.L.

Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L. é unha entidade adicada á xestión integral de servizos culturais, deportivos e de lecer e tempo libre.