Marexada. Deporte, Lecer e Cultura S.L.

O esforzo, o compromiso e a ilusión son os piares básicos nos que se sustenta Marexada. Deporte, Lecer e Cultura SL, unha empresa nova de servizos de xestión integral do sector do ocio educativo, a animación sociocultural e a actividade física e deportiva.

Unha parte moi importante de Marexada é a formación, polo que contamos coa Escola Oficial de Tempo Libre Barlovento para a implementación de cursos, monográficos e obradoiros do sector do tempo libre, a náutica e a aventura.

  


MISIÓN  

Marca de verificación Icono Gratis

A nosa misión é crear, planificar e executar atractivos e innovadores programas do sector do lecer educativo e cultural, a actividade física e o deporte; así como ofrecer accións formativas de calidade do mesmo ámbito, manténdonos como unha empresa nova e dinámica, que basea o seu crecemento nun equipo responsable, profesional e creativo.

Apoiámonos no compromiso e a paixón polo que facemos, creando novos valores deportivos, de lecer e culturais, para os grupos de poboación ós que nos diriximos, asentándonos como unha das empresas líderes e de referencia no sector.


VISIÓN 

Contorno de ojos Icono Gratis

Queremos ser unha empresa recoñecida no sector polo seu compromiso, profesionalidade e seriedade, de xeito que a xestión integral dos nosos proxectos impresionen positivamente en todas as organizacións e persoas que requiran dos nosos servizos.

Impulsando o recoñecemento e o traballo do noso ámbito, en continua colaboración con outras organizacións e profesionais, pretendemos conseguir que o noso equipo humano sinta seus os nosos logros e éxitos.


OS NOSOS VALORES 

Como botón de corazón negro Icono Gratis

  • Compromiso
  • Profesionalidade
  • Ilusión
  • Orientación ao cliente
  • Calidade
  • Transparencia
  • Interacción social
  • Sentimento de pertenza
  • Seguridade e fiabilidade
  • Colaboración

ÉXITO EMPRESARIAL | OBXECTIVOS

  logro Icono Gratis

  1. Xestionar proxectos e actividades dotándoos de calidade a un prezo competitivo.
  2. Executar as nosas accións cun alto grao de compromiso e profesionalidade cara as/os nosas/os clientes baseándonos na nosa experiencia ou KNOW HOW.
  3. Traballar cun gran equipo de profesionais comprometidos con coñecementos e formación específica en cada sector de actividade.
  4. Dispoñer de amplo material en propiedade para a implementación de todos os nosos proxectos e actividades que propoñemos: deportivo, cultural, talleres, son e parque móbil.
  5. Realizar investimentos estratéxicos que melloren e reforcen a nosa estrutura e posicionamento como empresa.